Queres que os teus empregados gocen dun día especial? ?Quereis gozar un día orixinal e divertido entre compañeiros de traballo para celebrar o fin do ano?...
Para as datas que se achegan, polo xeral as actividades sempre se limitan á festa de Nadal, festa de fin de ano e a cea de Nadal. En Aventura Rias Baixas propoñémosche outras ideas para que gocedes e despedir o ano ao grande, como recompensa ao traballo realizado, todo depende da aventura que queiras vivir.
O traballo non debe ser algo aburrido, ofrecémosche varias ideas, diferentes ao que estamos afeitos , de actividades divertidas que poden facerse en Nadal (ou en calquera época o ano) para alentar o traballo en equipo e motivar aos traballadores da túa empresa.
Estas actividades, permiten non só que cada individuo saque ou desenvolva as súas propias habilidades, senón que ademais aprenda a crear estratexias co equipo co cal se atopa traballando.
Diversión, emoción, aventura, liberarche da tensión... é o que che propoñemos nos Circuítos de Aventura - Tirolina do Ecoparque de Marín. Unha experiencia que seguro non che deixará indiferente onde podras gozar como un auténtico Tarzan de 3 horas de actividade, nun ambiente natural e relaxante, onde ademais conseguirás un aumento da auto-confianza e da superación.
En Ecoparque Atalaia, a 10 minutos de Pontevedra, podes gozar dun Paintball para adultos por moi pouco. Aventura Rías Baixas proporcionarache todo o equipo necesario para que só teñas que preocuparche de gozar.
Asegurámosche unha xornada divertida na que te liberarás da tensión do día a día mentres disfrutais dunha xornada diferente entre amigos.
E para completar a xornada poderás gozar dunha comida ou cea na que recuperar forzas, comentar estratexias e relaxarte…
Consultanos e fai xa a túa reserva!!!
Teléfonos de reserva: 692 847 622 ? 986 702 056
Horario de Reserva : Luns-Venres 10:00-15:00