ES

O verán continúa… Espérannos uns días de moito calor… propoñemosvos un plan refrescante…. Realizar un kayak libre ou un kayak descensos polo río Lérez

  • O Verán Continúa… Espérannos Uns Días De Moito Calor… Propoñemosvos Un Plan Refrescante…. Realizar Un Kayak Libre Ou Un Kayak Descensos Polo Río Lérez - Aventura Rías Baixas

Dende Aventura Rías Baixas en Ecoparque Atalaia plantexámosvos unha divertida e refrescante experiencia que recordaredes gratamente durante moito tempo…

Propoñemosvos unha das mellores formas de coñecer o río Lérez… disfrutando cos amigos ou en familia, dun apasionante descenso en kayak… e para os menos arriesgados podes relaxarte nun tranquilo paseo en kayak libre


De todas as actividades do Ecoparque Atalaia (situado a só 10 minutos de Pontevedra), o Kayak Descensos é a que mais adrenalina produce, sente os nervios e o éxtasis a flor de pel, surcando as augas do río Lérez e sobre todo disfruta da paisaxe que che ofrece a ribeira do río. Se estás desexando realizar esta actividade, pero non estás de todo convencido, podes tomar a decisión con tranquilidade posto que irás acompañado dun monitor (que che enseñará como controlar o teú kayak) e con toda a equipación necesaria para a túa completa seguridade.


Se queres algo mais fresco e relaxante propoñémosche o Kayak Libre. Esta actividade realízase por un tramo de augas tranquilas do Río Lérez no noso Ecoparque en Atalaia, nun lugar de pouca dificultade pero de beleza extrema. Para iso, só necesitas un kayak e un remo, os cales, Ecoparque Atalaia se encargará de proporcionarche xunto con un chaleco salvavidas. É unha actividade do mais lúdica e divertida, que podes disfrutar en familia (apto para nenos a partir de 4 anos acompañados dun adulto), con amigos ou para disfrutar en excursións escolares.

Disfruta un intenso e refescante recorrido polo río Lérez, nestes días de calor sofocante, combinando deporte e natureza, navegando por unha zona de paisaxes espectaculares, de gran valor ecolóxico.


Cómo chegar
Dirección de orixe:
Destino:
Aloxamento
Problemas con a túa reserva?
Chámanos ao 692 847 622
Actividades
Problemas con a túa reserva?
Chámanos ao 692 847 622
Recomendado en
Aventura Rías Baixas - TripAdvisor